Actividades 2021

Mesa redonda 11F – De nenas a investigadoras: o camiño da Ciencia

plot of chunk img

Vídeo. 11 de febrero.

Os Centros Singulares da Universidade de Santiago de Compostela, formados polo CiMUS, CiQUS, CiTIUS e IGFAE, queremos conmemorar o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia 2021, animándovos a asistir virtualmente á mesa redonda De nenas a investigadoras: o camiño da Ciencia, que organizamos conxuntamente, no marco da iniciativa Ciencia Singular este 11 de febreiro ás 10:00 h.

Debido á situación sanitaria actual e ás restricións de mobilidade, a actividade plantéxase nun formato en liña e busca achegar as experiencias de investigadoras de diferente perfil e etapa profesional co obxectivo de promover vocacións científicas. Investigadoras en fase predoutoral, postdoutoral, líderes de grupo e directivas dos catro centros singulares da USC contarán as claves, anécdotas e logros das súas traxectorias a fin de espertar a chamada da ciencia en nenas e xoves que decidan orientar a súa formación cara diferentes ámbitos da ciencia.

Dirigido a: Para centros educativos. Bachillerato
Hora comienzo: 10:00
Hora finalización: 11:30
Organiza: Red de Centros Singulares de Investigación (USC)
Email de contacto: ciencia.singular@usc.es
Más información: https://forms.office.com/Pages/ResponsePage.aspx?id=LEUNj6S3ZEm4EIw5c3RHe_WarCiEaQNLhvTA4BzdptJUOEZZNjNJM09QMFRVRVBQRDcyUlNUVkc5NC4u&wdLOR=cE46D23C9-74CB-284B-9322-51653EA78364